Soben os contaxios en Lugo tras aumentar positivos na Mariña

Probas de COVID-19 desde o coche en Burela.. Carlos Castro - Europa Press

Soben os casos en Lugo logo que o número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta ao distrito sanitario da Mariña se sitúe en 56 tras oito novos positivos, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A Consellería de Sanidade non informa de altas con respecto á actualización anterior.

O Sergas concreta que das 60 PCR realizadas nesta última xornada, oito foron positivas e 52 negativas. Dos 56 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, conr e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. A presión asistencial no Hospital Público da Mariña por mor da Covid-19 aumentou con respecto a onte, pois catro pacientes -dous máis- co virus están ingresados no centro hospitalario de Burela.

Tal e como recolle Xornal da Mariña, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos, segundo precisa a mesma fonte, hai 350 persoas confinadas, sete menos que onte.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here