InicioSociedadeSorprendidos dous menores xogando nas Torres do Garañón

Sorprendidos dous menores xogando nas Torres do Garañón

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo sorprenderon a dous menores de idade no interior das antigas torres do Garañón, precintadas por orde xudicial, como consecuencia da causa aberta para determinar posibles irregularidades no proceso de urbanización da parcela e na construción dos edificios.

Das dúas torres programadas só está construído o esqueleto, polo que a entrada no recinto supón un perigo evidente do que xa alertaran grupos da oposición municipal. Con todo, e a pesar dos precintos e as prohibicións, algúns menores insisten en coarse neste recinto para xogar ou facer falcatruadas.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...