InicioLugo e contornaLugoOllo, xa houbo 21 denuncias en Lugo por non usar máscara desde...

Ollo, xa houbo 21 denuncias en Lugo por non usar máscara desde a fin da corentena

A Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá de Madrid dota á Mariña de Unidades de Cabalaría "para patrullar as zonas dos areais"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo tramitaron desde a finalización do estado de alarma no marco do control das medidas establecidas pola pandemia do coronavirus un total de 21 actas de infracción pola non utilización de máscara.

Así o informou a Policía Nacional, que destacou que tamén “se está controlando de maneira exhaustiva todos aqueles casos dos que se ten coñecemento que están en corentena e non poden saír dos seus domicilios”. Deste xeito, engadiu que “leva un control diario a diferentes horas para comprobar que se cumpren as medidas sanitarias impostas que lles estableceron”.

No marco das actuacións levadas a cabo estes días no control da situación de emerxencia polo coronavirus, en canto aos locais de lecer de nocturno, nun pub do triángulo de Camiño Real-Fonte dos Ranchos tramitáronse seis actas de denuncia por diferentes motivos.

“Estaba aberto fóra do horario establecido, co que se procede á correspondente proposta de sanción por tal feito, á vez que se pecha, froito desta intervención proponse para sanción a dúas persoas por non usar os medios de protección contra a pandemia, outra por fumar dentro do local, outra por drogas e unha ultima por portar unha arma branca”, concretou a Policía.

MÁIS MEDIOS

Mentres, na localidade de Viveiro, un dos municipios afectados polo brote da Mariña, “intensifícanse os controis e a vixilancia nesta situación de emerxencia” coa colaboración das Unidades Especiais enviadas desde A Coruña.

De feito, a Xefatura Superior de Policía de Galicia puxo a disposición da Comisaría Local de Viveiro dous Subgrupos da Unidade de Intervención Policial nestas semanas para a realización de controis nas vías públicas e, se fose necesario, o control da orde pública.

Tamén por parte da Xefatura Superior de Policía de Galicia foron trasladados funcionarios da Brigada Móbil, que é a encargada do control de pasaxeiros en medios de transporte público –Feve, autobús, etc.– os cales poden comprobar que levan a cabo todas as medidas establecidas polas autoridades.

Así mesmo, por parte da Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá de Madrid dotouse A Mariña de Unidades de Cabalaría “para patrullar as zonas dos areais”, destacaron as mesmas fontes, e como todos os anos colaborar na zona de bosque da prevención de incendios.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...