InicioSociedadeSoben en sete os casos da Covid-19 en Lugo, mentres a Xunta...

Soben en sete os casos da Covid-19 en Lugo, mentres a Xunta fai menos PCRs

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia mantense en 259 este sábado, aínda que hai sete máis na área de Lugo –onde se rexistra o brote da Mariña–. Con todo, estanse realizando menos probas PCRs nos últimos días.

Segundo a información da Consellería de Sanidade deste sábado, un dos positivos permanece en UCI no Álvaro Cunqueiro –o home que viaxou en bus de Madrid a Vigo–, tres en unidades de hospitalización –catro menos que o venres– e 255 en domicilio.

Dos 259 casos positivos de Galicia, 203 correspóndense coa área de Lugo –sete máis–. Séguenlle: A Coruña, con 22 –tres menos–; Santiago, con 14 –os mesmos–; Vigo, con 10 –seis menos–; Ourense, con 5 –tres máis–, onde hai catro infectados en Beariz; Pontevedra, con 4 –os mesmos–; e Ferrol, cun –un menos–.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia, hai un vinculado con centros residenciais, que se corresponde cun traballador dunha residencia de maiores de Burela. Non hai usuarios infectados. Pola súa banda, os curados aumentan en 28, ata un total de 10.926. A pandemia deixa ata o momento 619 falecidos en Galicia, nunha cifra sen cambios no último mes.

BAIXAN As PCR REALIZADAS

O número de PCR realizadas ata a data en Galicia ascende a 213.244, o que supón 2.595 máis. Con todo, esas 2.595 PCR supoñen unha cifra máis baixa que os tres días anteriores en Galicia, nos que se realizaron 3.114, 3.207 e 2.662.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...