Multados cinco hostaleiros lucenses por non usar máscara mentres servían a bebida

A Policía Local de Lugo tamén denunciou un mozo que estaba con máis xente e era o único que non levaba posta esta medida de protección.

Terrazas en Campo Castelo | LX

EFE | A Policía Local de Lugo denunciou a cinco traballadores de locais de hostalería na cidade por servir bebidas aos clientes deses establecementos sen utilizar a obrigatoria máscara de protección.

Segundo informou a propia Policía Local, esas denuncias foron cursadas por axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio por incumprir a Lei de Saúde de Galicia.

Ademais, nas últimas horas tamén foi denunciado un mozo que estaba entre un grupo de persoas sen facer uso da máscara. A policía precisa que o resto de membros do grupo a tiñan posta, agás el.

Durante a pasada fin de semana, dos días 3 ao 5 de xullo, os axentes da Policía Local tamén tramitaron varias denuncias por “faltas de respecto e consideración” por parte dos cidadáns no exercicio das súas funcións.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here