InicioSociedadeO reconto do brote da Mariña: 119 casos activos

O reconto do brote da Mariña: 119 casos activos

O Sergas detectou outros 22 positivos, que darían un total de 128, pero nove persoas recibiron a alta médica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de infectados por coronavirus do brote da Mariña continúa en aumento. Segundo a Consellería de Sanidade, que inclúe no seu reconto “as probas realizadas ata esta mañá”, confírmanse outros 22 casos activos de persoas afectadas por Covid-19 no foco da comarca, o que eleva de 106 a 128 o número total de positivos detectados. Destas 128 persoas, nove teñen a alta, polo que a bisbarra comeza o peche de cinco días decretado pola Xunta de Galicia, a fin de conter a pandemia, con 119 infectados.

Dos 119 casos activos a maioría “son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, expón Sanidade, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Catro destas persoas están ingresadas en planta no Hospital Público da Mariña e “a súa evolución é favorable”, segundo o Sergas.

UNS 800 CONFINADOS

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai “arredor de 800″ persoas confinadas na Mariña, segundo concreta o Sergas.

Segundo expuxo o xerente da área sanitaria de LugoCervo e MonforteRamón Ares, os “22 casos novos” detectados teñen todos “relación directa” co brote, polo que o Sergas seguirá “coa estratexia” da “busca activa de casos e de análise dos contactos, o máis precozmente posible, para cortar a cadea de transmisión”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...