InicioSociedadeO brote da Mariña segue espallándose e xa afecta a 59 persoas

O brote da Mariña segue espallándose e xa afecta a 59 persoas

O Sergas confirmou doce novos casos en relación a este foco do norte da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou este venres doce casos máis de persoas afectadas por coronavirus no brote da Mariña Lucense, o que eleva a 59 o número total de positivos detectados.

Dos 59 casos positivos, expón a Consellería de Sanidade, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

HOSPITALIZACIÓNS

Dúas persoas con Covid-19, un home residente en Burela e unha muller que segundo o Sergas foi hospitalizada por outras patoloxías, dando positivo na proba PCR, están ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é “favorable“. A estas dúas persoas ingresadas habería que engadir unha terceira, que permanece en planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), tamén con positivo en coronavirus.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...