Suspenden o ocio nocturno na Mariña polo brote, que xa suma 33 casos

O Sergas refire certa "relaxación" entre a xente nova, pois 20 dos positivos "teñen entre 25 e 40 anos".

Rolda de prensa polo brote da Mariña. AXM

Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 33 casos activos, cinco máis, de coronavirus no brote da Mariña Lucense, a maioría dos cales –unha vintena- son pacientes de “entre 25 e 40 anos de idade”, segundo expuxo a Consellería de Sanidade. Deste xeito, a Xunta de Galicia prohibirá polo momento no distrito sanitario da bisbarra a apertura dos locais de ocio nocturno, como pubs e discotecas, e tamén as verbenas, cuxa celebración estaría permitida desde mañá, primeiro de xullo. Seguirase a mesma folla de ruta para o resto das actividades previstas.

Así o anunciou o xerente da área sanitaria de Lugo, Cervo e MonforteRamón Ares, nunha rolda de prensa celebrada na tarde deste martes en Burela, na que estivo acompañada da directora do Hospital Público da MariñaMaría José Cortés Canay, e de Begoña Seco, xefa territorial de Sanidade. Os dirixentes do Sergas non concretaron cales son os municipios que teñen infectados por Covid-19, concedendo que a maioría dos 33 casos activos focalízanse “nos municipios de XoveBurela e Foz“.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here