Os casos activos na área de Lugo medran ata os 49

Sanidade confirma 28 positivos en relación ao brote rexistrado na Mariña.

Entrada de urxencias do HULA | EFE/Eliseo Trigo/Arquivo

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 30 de xuño un total de 49 casos activos por coronavirus, cinco máis ca os notificados na actualización de datos que fixo o Sergas onte. Deles, 28 pacientes están relacionados co brote da Mariña.

Dúas persoas ingresadas (unha no HULA, outra no Hospital da Costa), mentres que os 47 positivos restantes permanecen nos seus domicilios.

GALICIA

No caso galego, a Consellería de Sanidade informa dun aumento ata os 314 casos activos, con catro hospitalizados. A área que máis positivos rexistra é a de Vigo (129). Os falecementos, pola súa parte, mantéñense en 619.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here