InicioSociedadeO San Froilán 2020 non terá casetas do polbo nin recinto feiral

O San Froilán 2020 non terá casetas do polbo nin recinto feiral

A decisión do Concello vai encamiñada a evitar aglomeracións de persoas ante a emerxencia sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A cidade de Lugo non quedará sen festas do San Froilán 2020, como xa avanzara o Concello, pero será unha celebración ben distinta. O goberno local  tomou a decisión de non permitir este ano a apertura do recinto feiral nin tampouco das tradicionais casetas do polbo durante as festas patronais. Fano así como medida de prevención ante a COVID-19 e para evitar aglomeracións e respectar as indicacións das autoridades sanitarias.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou hoxe aos demais grupos da corporación municipal que participan na comisión de festas das últimas decisións en relación coa organización das patronais de San Froilán.  “Este ano decidimos non renovar os pregos do recinto feiral nin das casetas do polbo”, debido a que son dúas zonas nas que habitualmente “se producen masificacións”.

Ante a incerteza que provoca a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo coronarivus, o goberno local recoñece que, seguramente, terá que esperar ata o último momento para tomar decisións importantes en canto á organización das patronais, pero no caso do recinto feiral e das casetas, precisou Maite Ferreiro, había que decidir agora se se renovaban ou non os pregos.

DISPERSIÓN DE ACTIVIDADES

“Este ano realizaremos unha programación distribuída por distintas zonas da cidade”, dixo Ferreiro, na que seguramente non haberá grandes concertos, precisamente para evitar “grandes concentracións de xente e tendo sempre en conta as indicacións das autoridades sanitarias”.

De feito, recoñeceu que “debido a que a situación sanitaria pode ter grandes cambios en poucos días, desde a área de Cultura” organizaranse as distintas “actividades das festas con toda a flexibilidade posible”. “Será unha edición moi distinta ás dos últimos anos, pero o San Froilán seguirá sendo a gran festa do outono galego”, asegurou.

De novo, este ano, o Concello volverá convocar un concurso para elixir o cartel anunciador, de modo que “xurado expertos elixirá a unha serie de finalistas” e serán os veciños de Lugo os que terán “a última palabra” co seu voto.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...