InicioSociedadeA área Sanitaria de Lugo rexistra o maior incremento de casos de...

A área Sanitaria de Lugo rexistra o maior incremento de casos de coronavirus polos brotes na Mariña

Aumentan en cinco con respecto a este sábado

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus en Galicia subiu en dous, ata 310, mentres que as persoas curadas tamén aumentaron, en 5, e sitúanse en 10.611. Este aumento, débese, especialmente, polo incremento de casos na área sanitaria de Lugo polos brotes da Mariña, que sumaron cinco casos máis este domingo.

Dos 310 casos positivos, 132 corresponden á área de Vigo –un máis que o sábado–; 72 á da Coruña e Cee –tres menos–; 25 á de Santiago e Barbanza –un menos–; 22 á de Ourense –os mesmos–; 39 á de Lugo –cinco máis–; 11 á de Ferrol –igual– e nove á de Pontevedra –uno máis–.

Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.611 persoas, mentres que os falecidos con COVID mantéñense en 619. A última vítima, notificada o pasado 10 de xuño, foi un home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias de maiores.

O número de PCR realizadas ascende a 176.539, fronte ás 171.518 contabilizadas ata este sábado.

BROTES

En canto aos dous brotes localizados en Galicia na última semana, un na comarca do Barbanza (A Coruña) e outro na Mariña (Lugo), fontes da Consellería de Sanidade ratificaron que continúan sen cambios.

Na Mariña, este sábado aumentaron os positivos por coronavirus ata 22, tras máis de 200 probas PCR realizadas na zona. O primeiro caso detectouse o pasado martes pola tarde no municipio de Xove e, con esta confirmación inicial, comezou o traballo de rastrexo e análise dos contactos das persoas afectadas.

Así mesmo, o foco de COVID-19 detectado a pasada fin de semana na comarca coruñesa do Barbanza, concretamente en Ribeira e A Pobra, mantense con nove positivos.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...