InicioSociedadeConfirmados dous focos de coronavirus na Mariña cun total de 18 positivos

Confirmados dous focos de coronavirus na Mariña cun total de 18 positivos

A Xunta, que rastrexou "máis de cen" contactos, incide en que aínda hai persoas á espera do resultado das probas e avalía se hai relación entre os dous núcleos de Covid-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou de que rastrexou “máis de cen persoas” ata o momento, todas relacionadas cos dous focos de coronavirus existentes na Mariña Lucense, en Xove e BurelaPor agora documéntanse un total de 18 positivos.

Destes dezaoito casos activos, alomenos once están directamente relacionados co brote localizado nun núcleo familiar de Xove, que deixou infectados en varios municipios da Mariña Lucense. Outros sete non teñen en principio relación directa, aínda que o Sergas estuda se hai unha conexión entre os dous focos.

“A Xunta de Galicia avalía a posibilidade de que os dous focos de coronavirus activos na comarca de A Mariña, o de Burela e o de Xove, estean relacionados entre sí, polo que segue a investigar todas as posibles relacións entre eles para determinar este feito”, sostén Sanidade nun comunicado.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...