InicioSociedadeO rebrote do coronavirus na Mariña fai repuntar os casos activos en...

O rebrote do coronavirus na Mariña fai repuntar os casos activos en Lugo

A provincia suma dez positivos, ata situarse nos 27. Dúas persoas están ingresadas: unha no HULA e outro no Hospital da Mariña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos sobre o coronavirus na área sanitaria de Lugo presentan un importante cambio este xoves 25 de xuño. Tras o rebrote detectado en Xove, con oito positivos nunha familia, e mais outro par de casos que atinxen tamén á comarca da Mariña, a provincia de Lugo rexistra agora 27 casos activos (10 máis ca onte).

Soben tamén as hospitalizacións: ademais do paciente ingresado no HULA, agora o Hospital da Mariña acolle en planta un home de 71 anos de Burela, alleo en principio a ese rebrote de Xove. Por outra parte, 25 persoas atópanse baixo atención hospitalaria a domicilio.

REUNIÓN FAMILIAR

O Sergas informaba a última hora de onte da aparición do brote no concello de Xove, cuxa orixe podería situarse nunha xuntanza familiar que compartiron a mediados de mes. Ata o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de 8 positivos por coronavirus (incluído o caso inicial), catro negativos e 25 máis pendentes de resultado.

Segundo a nota do Sergas, realizáronse as probas PCR “a todos os contactos estreitos deste positivo”. Neste momento, dos oito casos positivos “a maioría son asintomáticos“, indica a Consellería de Sanidade, “agás dous que presentan sintomatoloxía de carácter leve, máis teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

GALICIA

Para o conxunto galego, a Consellería de Sanidade refire 333 casos activos, dous máis ca onte. Cinco deles están hospitalizados, ningún na UCI. Os falecementos mantéñense en 619.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...