InicioSociedadeDetectado o primeiro gran brote de coronavirus en Lugo tras unha reunión...

Detectado o primeiro gran brote de coronavirus en Lugo tras unha reunión familiar

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou a través dun comunicado de prensa a aparición dun brote de coronavirus na comarca da Mariña Lucense. En concreto, ata o momento, detectáronse oito casos positivos en coronavirus no concello de Xove. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso. Boa parte dos infectados, segundo puido saber Xornal da Mariña, compartiron unha xuntanza a mediados deste mes.

O brote familiar de infección por Covid-19detectouse onte pola tarde no municipio, asegurou o Sergas. A Consellería de Sanidade expón que a Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas fixeron un rastrexo e analizaron todos os contactos da persoa afectada. Ata o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de 8 positivos por coronavirus (incluído o caso inicial),catro negativos e 25 máis pendentes de resultado. Toda a información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...