InicioSociedadeO bispo de Lugo constitúe un fondo diocesano con 100.000 euros

O bispo de Lugo constitúe un fondo diocesano con 100.000 euros

O obxectivo é atender "as necesidades caritativas máis urxentes" trala emerxencia sanitaria e económica provocada pola COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, deu orde de constituír un fondo diocesano, dotado con 100.000 euros, para atender “as necesidades caritativas máis urxentes” tras a emerxencia sanitaria e social que provocou a COVID-19.

“Na nova situación na que nos atopamos, as necesidades están a crecer debido á crise económica e social xerada polo confinamento” que está “a afectar á vida cotiá de persoas e familias”, precisa o bispo nunha carta pastoral na que explica como xurdiu e cal é o obxectivo dese fondo diocesano para facer fronte ás necesidades caritativas das parroquias.

Por iso, a Diocese de Lugo decidiu incrementar os fondos recadados coa campaña ‘Sempre Xuntos’, unha iniciativa do clero que permitiu recadar 44.000 euros, para así crear “un fondo diocesano máis permanente, vinculado ás necesidades caritativas máis urxentes das nosas parroquias”.

“Nesta nova normalidade que agora comezamos, necesitaremos que sexa verdade o lema Sempre Xuntos, para non deixar atrás a ninguén e experimentar esa comuñón cristiá de bens, nacida da liberdade da fe”, engade o prelado.

Aos 44.000 euros da campaña ‘Sempre Xuntos’ sumaranse os 32.000 euros achegados pola Diocese de Lugo e outros 24.000 que poñerá Cáritas Diocesana.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...