InicioSociedadeDetidos marido e muller tras unha pelexa pola custodia da filla

Detidos marido e muller tras unha pelexa pola custodia da filla

O home é investigado por violencia de xénero; ela, por malos tratos no ámbito familiar e por tentativa de secuestro da nena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado 19 de xuño un home e unha muller, en trámite de separación, por mor de disputas sobre a custodia da filla. El foi detido como investigado por un delito de violencia de xénero e ela por malos tratos no ámbito familiar e por intento de secuestro da filla menor do matrimonio.

Segundo informou a Policía Local, unha patrulla desprazouse ata un edificio da Avenida de Magoi tras unha chamada na que se alertaba de que unha muller cunha nena de cinco anos forcexeara co seu marido nunha discusión sobre a custodia.

Ao chegar ao lugar indicado, o marido explicoulles aos axentes que a súa muller, coa que se atopa en trámites de separación, tentou secuestrar pola forza a unha das fillas do matrimonio, motivo polo cal se produciu o forcexeo entre ambos.

Os policías identificaron a varias testemuñas do ocorrido e, ao carecer o home de documentación para acreditar a súa identidade, foi detido polos axentes como investigado por un suposto delito de violencia de xénero ao agredir presuntamente a súa muller.

Trasladados ambos a dependencias policiais, tamén se procedeu á detención da muller por un delito de malos tratos no ámbito familiar e por “tentativa de subtracción dun menor”.

Os nenos quedaron a cargo do avó paterno.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...