A área sanitaria de Lugo mantense estable fronte ao coronavirus ao rexistrar por cuarto día consecutivo 17 casos activos. Os datos da Consellería de Sanidade confirman que unha persoa segue ingresada no HULA, mentres que Política Social non refire ningún positivo nas residencias lucenses.
En Galicia, en cambio, dáse conta dunha lixeira repunta (+3) ata alcanzar os 343 positivos activos nunha xornada na que todas as miradas están focalizadas na área do Barbanza, onde se detectou un novo brote de coronavirus con nove casos.
Nos hospitais galegos hai catro pacientes ingresados, pero ningún na UCI. Ata o momento faleceron 619 persoas.