InicioSociedadeUn neno sae da casa para buscar a súa nai e pérdese

Un neno sae da casa para buscar a súa nai e pérdese

A Policía Local auxiliou o cativo, que marchara da vivenda na que estaba a ser atendido por unhas compañeiras da proxenitora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo auxiliou un neno de sete anos que se atopaba perdido tras saír de casa por descoido das persoas que o estaban atendendo mentres a súa nai traballaba.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, os axentes atoparon o pasado 15 de xuño, sobre as 10:30 horas da mañá, un neno perdido na rúa das Fontes. O menor díxolles que saíra da súa casa e que ía buscar á súa nai.

Unha vez localizada a nai, esta manifestou que o neno quedara a cargo dunhas compañeiras de piso mentres que ela traballaba. O cativo menor ausentouse “por un descoido”, sinalaron as mesmas fontes. Finalmente o neno quedou en custodia da súa nai, destacou a Policía Local, “sen que se producise outra novidade”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...