InicioSociedadeO HULA mantén unha persoa hospitalizada pola COVID-19

O HULA mantén unha persoa hospitalizada pola COVID-19

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte non rexistra ingresos en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Hospital Universitario Lucus Augusti, (HULA) mantén unha persoa hospitalizada por coronavirus. Non hai ingresos nas UCI dos diferentes hospitais da área sanitaria

O Hospital Público da Mariña non rexistra ningunha persoa con Covid-19 este sábado 13 de xuño. Así, xunto ao hospital de Monforte, son os dous da área sanitaria que non teñen afectados polo coronavirus.

Por outra parte, o número de casos activos é de 22 en toda a área, sen rexistrarse variacións a respecto do pasado venres 12 de xuño.

O número total de falecidos na provincia é de 28, as altas rexistradas son 913 e o número total de casos, contando falecementos son 963.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...