InicioSociedadeLugo mantense con 31 positivos e as UCI galegas quedan libres de...

Lugo mantense con 31 positivos e as UCI galegas quedan libres de COVID-19

Na provincia só hai un paciente ingresado por coronavirus e xa se superan as 900 altas epidemiolóxicas dende o inicio da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantense con 31 casos activos na xornada deste mércores 10 de xuño. Son os mesmos positivos ca os documentados no día de onte, cando a provincia presentaba unha leve repunta despois de 16 días en descenso ou estabilidade.

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) acolle o único paciente ingresado con coronavirus de toda a provincia. Outros 30 están a ser atendidos no seu domicilio.

Ademais, Sanidade informa de que máis de 900 persoas xa superaron a COVID-19 en Lugo, mentres que o número de falecidos segue sendo 28.

GALICIA

A nivel autonómico, os casos baixaron en 27 ata situarse nos 476. A día de hoxe non se rexistra ningún paciente con positivo nas UCI galegas. Quedan, iso si, dez persoas ingresadas en unidades de hospitalización e 466 en seguimento domiciliario.

Ata este mércores, contabilizáronse 10.338 persoas curadas e 618 falecementos, cifra que se mantén invariable dende o mércores da semana pasada.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...