Atopan un can abandonado e atado ás portas dun supermercado

O animal foi trasladado á Protectora ao non ser posible localizar o seu propietario.

Un dos cans que coidan na Protectora de Lugo | Protectora de Lugo - Imaxe de arquivo

Axentes da Policía Local atoparon este domingo un can abandonado e atado ás portas dun supermercado da cidade de Lugo.

O animal foi descuberto á noitiña na entrada dun establecemento pechado na rúa Ramón Cabanillas. Tras averiguar se o propietario estaba pola zona, os axentes inspeccionaron o can e constataron que carecía de microchip de identificación.

Ante a imposibilidade de localizar o propietario, os axentes solicitaron a intervención do servizo de lacería, que recolleu o can para trasladalo ás instalacións da Sociedade Protectora de Animais.

1 COMENTARIO

  1. Considero que es confuso que usen la imagen de un perro que ya está en la protectora desde hace tiempo, y no la imagen del perro abandonado. Da lugar a malosentendidos

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here