InicioSociedadeA autopsia non revela "signos de criminalidade" na morte do bebé no...

A autopsia non revela “signos de criminalidade” na morte do bebé no centro médico de Vilalba

A nena chegou en parada cardiorrespiratoria. O equipo sanitario tentou reanimala, sen éxito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A autopsia non atopa “signos de criminalidade” na morte dun bebé de poucos meses ocorrida este luns no centro de saúde de Vilalba. 

Así o confirmaron fontes xudiciais en relación a estes feitos que leva o Xulgado de Instrución nº2 de Vilalba, en funcións de garda. Subliñaron que o  “resultado preliminar da autopsia” conclúe que non hai “achados de signos de criminalidade”.

Fontes da Garda Civil apuntaron que se abrira unha investigación ao respecto do sucedido logo de que o pasado luns o Instituto Armado recibira o aviso de que falecera un bebé no centro médico. En concreto, fontes consultadas por Europa Press, explicaron que o bebé chegou en parada cardiorrespiratoria ao centro sanitario, onde tentaron reanimar a nena sen éxito. 

Ao lugar acudiu, ademais, a autoridade xudicial que ordenou o levantamento do cadáver, para ser trasladado ao HULA, onde se lle realizou a autopsia.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...