Inicio Sociedade Terceiro día consecutivo con 58 casos activos na provincia

Terceiro día consecutivo con 58 casos activos na provincia

Dúas persoas seguen na UCI e outras dúas en planta, todas elas no Hospital Universitario Lucus Augusti.

Test da COVID-19 dende o coche / © Miguel Núñez

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por terceiro día consecutivo, segundo o reconto oficial ofrecido polo Sergas este martes. A estatística contabiliza 58 positivos.

Hai catro persoas hospitalizadas, todas elas no Hospital Universitario Lucus Augusti: dúas están na UCI e outras dúas en planta. Permanecen illados en domicilio 54 doentes.

En canto ás mortes, no histórico da provincia o Sergas contabiliza 27 falecementos a causa da pandemia. Pola contra, déronse 859 altas.

GALICIA

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en Uci, 52 están en unidades de hospitalización e 775 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.764 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos. O número de PCR realizadas é de 136.059.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here