InicioSociedadeInvestigan un menor por un delito de sexting en Lugo

Investigan un menor por un delito de sexting en Lugo

O rapaz está relacionado coa difusión dun vídeo de contido sexual doutra moza menor de idade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo procedeu a investigar un menor por un delito de sexting en relación á difusión dun vídeo con contido sexual doutra menor.

Segundo informou a Policía Nacional, durante o fin de semana denunciouse a distribución dun “vídeo con contido sexual dunha menor”, engadiu, “distribuído en redes sociais por outros menores”.

Deste xeito, iniciada a investigación para a localización da persoa que distribuíu o vídeo, os axentes comprobaron “que a distribución non se realizou de facto, senón simplemente de palabra“, xa que “a aplicación pola que se enviou o contido, unha vez visionada bórrase”, puntualizaron as mesmas fontes, por tanto “non se puido distribuír”.

“Con todo o menor si que o comentou aos seus achegados”, subliñou a Policía Nacional, que informou de todo iso á Fiscalía.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...