Lugo mantense con 58 casos tras a leve repunta sufrida o pasado domingo

Dúas persoas están na UCI do HULA e outras dúas en planta.

Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 25 de maio un total de 58 casos activos, os mesmos ca onte, día no que a estatística oficial da provincia sufriu a primeira repunta tras nove días de descenso de positivos en coronavirus.

Entre todos os pacientes, dous deles están a ser atendidos na Unidade de Coidados Intensivos do HULA, e outros dous están hospitalizados en planta neste mesmo centro. Os outros 54 permanecen nos seus domicilios.

No histórico da provincia faleceron 27 persoas e o Sergas documenta 859 altas.

GALICIA

​Para o conxunto galego, a Consellería de Sanidade informa de que os casos activos baixan ata os 854, con 71 persoas ingresadas nos hospitais.  Ata o de agora, rexistráronse 614 falecementos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here