InicioSociedadeGalicia pasa o luns á fase 2 da desescalada: que cambia?

Galicia pasa o luns á fase 2 da desescalada: que cambia?

Libéranse as restricións para paseos ou o deporte, permitiranse as visitas nas residencias libres de Covid-19 e bares e restaurantes poderán abrir o interior con limitacións,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 47% da poboación española, 22 millóns de persoas, incluídos todos os de Galicia, pasarán á fase 2 da desescalada a partir do luns 25 de maio, segundo dixo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, na roda de prensa tralo Consello de Ministros extraordinario deste venres.

A falta de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) concrete a normativa, en principio están contempladas na segunda fase de desescalada tralo confinamento polo coronavirus as seguintes actividades:

PASEOS E DEPORTE

Todas as persoas menores de 70 anos poderán pasear e realizar actividades físicas durante o día. No caso dos municipios de máis de 10.000 habitantes, resérvanse as franxas comprendidas entre as 10.00 e as 12.00 e as 19.00 e as 20.00 para as persoas maiores de 70 anos.

REUNIÓNS E CONGRESOS

Reláxanse as medidas no tocante ao contacto social, ampliándose a 15 o número máximo de participantes permitidos en reunións. Increméntase ata 20 as persoas que poden realizar en grupo actividades de turismo activo e de natureza e permítese a celebración de congresos, encontros, reunións de negocio e conferencias sen que se supere a cifra de 50 asistentes e sempre que se respecte a distancia física esixida de dous metros.

Non estará permitida a mobilidade entre provincias.

VISITAS A RESIDENCIAS

Poderanse autorizar as visitas nas residencias de maiores dun único familiar por quenda e con cita previa, sempre que non haxa casos de coronavirus confirmados ou residentes en corentena.

COMERCIOS E HOSTALERÍA

Os locais comerciais poderán abrir independientemente do seu tamaño, aínda que o aforo reducirase ao 40%. Deberá existir un horario para atender prioritariamente a maiores de 65 anos.

Abrirán establecementos de hostelería e restauración para consumo no local, salvo os locais de discotecas e bares de lecer nocturno, sempre que non se supere un 40% do seu aforo. Non se poderá consumir nas barras e preferiblemente o cliente deberá reservar unha mesa previamente. As terrazas seguirán cunha limitación do 50% do seu aforo. Tamén poderán abrir ao público as zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos, sempre que non se supere un terzo do seu aforo.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...