InicioSociedadeLugo conta 60 casos activos, con dous pacientes na UCI e outro...

Lugo conta 60 casos activos, con dous pacientes na UCI e outro en planta

En Galicia rexístranse 920 positivos, cun total de 610 falecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa dun total de 60 casos activos na área sanitaria de Lugo, tres menos ca os rexistrados no día de onte. Baixa tamén a presión nos hospitais, con só dous positivos na UCI e outro en planta.

Todos os ingresos afectan ao Hospital Universitario Lucus Augusti, o único da provincia con casos de coronavirus nas súas instalacións.

Outros 57 pacientes están a ser atendidos nos seus domicilios, segundo os datos de Sanidade que, á súa vez, tamén revelan a curación de 852 persoas dende o inicio da pandemia. O número de falecementos na provincia segue invariable, con 27.

GALICIA

Para o conxunto da comunidade galega, o Sergas informa de 920 casos activos, 70 menos ca o pasado xoves. Deles, doce permanecen na UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas e rexistráronse 610 falecementos.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...