Lugo cortará o tráfico en sete rúas para ampliar as terrazas e os espazos peonís

A medida afecta á rúa Mallorca, Recatelo, Carril dos Loureiros, Isaac Díaz Pardo, Vila de Sarria e Avelino Pousa Antelo. Tamén inclúe unha intersección na praza de Augas Férreas.

Praza Augas Férreas, en Lugo | Google Maps

EFE | O Concello de Lugo pechará o tráfico en sete rúas da cidade para ampliar o espazo para as terrazas e os peóns mentres dure a actual situación excepcional. Así o anunciou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tras reunir a Comisión de Tráfico municipal.

A medida, que quedará regulada coa publicación dun bando municipal, afectará á rúa Mallorca, Recatelo, Carril dos Loureiros, Isaac Díaz Pardo, Vila de Sarria e Avelino Pousa Antelo, que quedarán sen tráfico rodado. Ademais, tamén se reservará para uso exclusivo dos peóns a intersección entre as rúas Cánovas del Castillo, Rafael Dieste e Vázquez Seijas (na praza de Augas Férreas).

Nese bando, ademais de permitir a instalación de terrazas en prazas públicas e rúas peonalizadas, tamén se contempla posibilidade de ocupar rúas e áreas de estacionamento, sempre de acordo cunhas pautas de seguridade, para garantir a distancia de separación e unha correcta sinalización.

Ademais o Concello seguirá sen cobrar os recibos pola instalación de terrazas no termo municipal. A alcaldesa aclarou que estas medidas teñen un “carácter excepcional”, de tres meses de duración, “coa finalidade de axudar á recuperación da actividade dun dos principais sectores económicos da cidade”, do que “viven miles de familias”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here