InicioSociedadeUnha canle de Youtube para as persoas maiores do concello de Lugo

Unha canle de Youtube para as persoas maiores do concello de Lugo

O Concello habilitou unha plataforma para que os usuarios dos centros de convivencia poidan seguir facendo actividades físicas ou de estimulación cognitivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O goberno local de Lugo, a través da área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, creou unha canle de Youtube con contidos específicos para as persoas maiores do municipio, elaboradas por monitores especializados, para que poidan seguir facendo as actividades que realizaban nos centros de Convivencia, pero de forma telemática.

Segundo informou a concelleira responsable da área de Benestar, Olga López, os contidos desa canle, que leva por título ‘Acompañámoste’, foron elaborados polos monitores do servizo de Animación, despois de estudar as necesidades dos usuarios” que, de forma habitual, acudían aos centros de convivencia municipais.

“É unha iniciativa máis para atender a este colectivo”, dixo Olga López, e está “aberta a todo o público, porque a idea é que a maior parte das actividades que estaban a realizar os usuarios nos centros de Convivencia de maneira presencial se sigan facendo de forma telemática a través da web do Concello de Lugo”.

“Incluirá actividades físicas, de expresión corporal e plástica, alfabetización dixital, de estimulación cognitiva e de educación compensatoria, entre outras”, precisou a edil.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...