As máscaras, obrigatorias na rúa e en espazos pechados se non se garante a distancia mínima

O Goberno e as Comunidades Autónomas acordaron esta medida, que se suma ao uso imperativo no transporte público

Unha rapaza camiña pola rúa con máscara | © Miguel Núñez

O uso de máscaras será obrigatorio tamén na vía pública e en espazos pechados cando non se poida garantir o cumprimento da distancia mínima de seguridade entre persoas, fixada en dous metros, para evitar a propagación do coronavirus, ademais de cando se viaxe en transporte público. Así o acordaron este luns o Goberno e as Comunidades Autónomas durante a reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SMS).

Desta forma, ao uso xa obrigatorio no transporte público súmase agora a utilización obrigatoria en espazos pechados e na vía pública se non é posible garantir a distancia mínima de seguridade de dous metros. Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here