InicioSociedadeOs casos activos en Lugo caeron un 53,4% en tan só unha...

Os casos activos en Lugo caeron un 53,4% en tan só unha semana

Sanidade informa de 75 positivos, dos cales catro permanecen na UCI do HULA. Todos os restantes atópanse baixo atención hospitalaria a domicilio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a descender. Segundo o reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas), ofrecido no mediodía deste luns, contabilízanse 75 positivos na área lucense, dous menos ca onte e 86 menos ca o pasado luns. Deste xeito, e sempre acorde coa estatística da Consellería de Sanidade, as persoas contaxiadas caeron un 53,4% no prazo dunha semana.

Do total de pacientes, non hai ningún que estea hospitalizado en planta. Os únicos catro ingresados permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Os outros 71 permanecen illados nos domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 27 mortes a causa da pandemia. Pola súa parte, as altas ascenden ata as 825.

GALICIA

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.171, dos cales 17 permanecen en Uci, 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas  e rexistráronse 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 126.758.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...