InicioSociedadeProtección Civil realizou case mil intervención distribuíndo medicamentos e alimentos durante a...

Protección Civil realizou case mil intervención distribuíndo medicamentos e alimentos durante a pandemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Uns dous mil voluntarios que forman parte das 43 agrupacións de Protección Civil na provincia de Lugo realizaron ao redor de mil intervencións durante esta situación de emerxencia sanitaria, a maioría para achegar medicamentos, produtos de primeira necesidade e alimentos a persoas en situación vulnerable ou grupos de risco.

Segundo informou a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, eses voluntarios tamén realizaron numerosas visitas a persoas maiores que viven soas, para comprobar como se atopaban durante o confinamento, especialmente en núcleos rurais.

Tamén realizaron tarefas de apoio aos corpos e forzas de seguridade ou a diferentes operativos sanitarios, ademais de participar nos traballos de desinfección de lugares públicos en moitos municipios de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asegurou que a súa contribución foi “fundamental na loita contra a pandemia, un traballo imprescindible e insubstituíble baixo a coordinación do goberno galego”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...