InicioSociedadeSignificativo descenso no total de casos activos en Lugo: de 161 a...

Significativo descenso no total de casos activos en Lugo: de 161 a 133

Non hai cambios nos hospitais, onde seguen ingresadas catro persoas nas Uci e unha en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa dun total de 133 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo este martes 12 de maio. Isto supón un descenso de 28 pacientes respecto dos rexistrados onte. En termos porcentuais, falariamos dun 17’4% menos de positivos. Porén, os cambios afectan ao grupo de persoas que estaban a ser atendidas nas casas, mentres que os hospitais seguen sen variacións: catro persoas nas Uci e unha hospitalizada en planta.

En canto aos positivos que permanecen baixo atención hospitalaria a domicilio, o Sergas conta 128 tras recibiren a alta case unha trintena deles. En total, Sanidade considera “curadas” a 745 persoas na provincia; isto é, persoas que deran negativo nunha nova proba PCR ou que non presenten sintomatoloxía propia da COVID-19 logo dun tempo.

Tampouco hai novidades en canto ás mortes, que se manteñen en 27 na área sanitaria de Lugo dende o pasado 6 de maio.

GALICIA

Respecto dos datos da comunidade galega, a Dirección Xeral de Saúde Pública expón que o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.322. Deles, 25 permanecen en Uci, 166 están en unidades de hospitalización e 2.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.820 persoas curadas e rexistráronse 595 falecementos. O número de PCR realizadas é de 117.001.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...