InicioSociedadeLugo Monumental propón ampliar as terrazas dos bares e sacar o comercio...

Lugo Monumental propón ampliar as terrazas dos bares e sacar o comercio á rúa

O colectivo tamén suxire restrinxir o tráfico de coches nalgúns carrís en beneficio dos peóns, que terían zonas máis amplas para pasear.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental propuxo ao Concello a planificación de diferentes medidas para o descofinamento, entre as que se atopan a ampliación temporal do espazo para as terrazas da hostalaría ou sacar o comercio á rúa.

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, explicou en declaracións a Europa Press que “deberían ampliarse as terrazas para a hostalaría” aínda que fose de forma “temporal”. O responsable da asociación aclara que “non hai que falar de aforamento“, como di o Goberno, senón de “distancia de seguridade” e é por iso que Latorre aposta por un maior espazo nas rúas para as mesas dos bares.

En canto a outras medidas destacadas que propón o colectivo para abordar o ámbito comercial, Luís Latorre afirma que “os comercios deberían de poder usar a vía publica na medida do posible”, sobre todo para “reactivar a economía local”. “Casetas na rúa ou zonas publicitarias” serían unhas boas medidas para os comercios lucenses, segundo o presidente de Lugo Monumental.

FACILITAR OS PASEOS

A asociación tamén pide que “se peonalicen rúas” e que se eliminen carrís para os coches “en beneficio da xente que poida andar pola rúa con máis espazo”. Suxiren, por exemplo, utilizar a mesma distribución de tráfico na Avenida de Ramón Ferreiro ca a que se empregou durante as festas do San Froilán de varios anos. Iso deixaría un dobre carril a un lado da avenida e unha “amplísima” zona peatonal no outro, de forma que sería máis doado manter as distancias de seguridade.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...