A provincia rexistrou 105 incidencias por mor de refachos de vento de máis de 100km/h

Caídas de árbores e de tellados ou avarías na rede eléctrica foron os avisos máis recorrentes. En Monforte, o aire tirou a cuberta dun instituto.

Un home ve como o vento dobra o seu paraugas | EFE

O paso dunha fronte con refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora durante esta tarde de luns deixou un total de 166 incidencias en Galicia ata as 18:00 horas, das cales a gran maioría foron rexistradas na provincia de Lugo (105).

Os avisos máis recorrentes no 112 Galicia facían referencia a caídas de árbores ou tellados, principalmente. Xustamente iso pasou en Monforte de Lemos, onde á primeira hora da tarde unha persoa particular alertaba da caída do tellado dun instituto situado na rúa San Pedro. Outra persoa indicaba que o vento levara por diante parte da estación de autobuses.

Os problemas na rede eléctrica tamén foron frecuentes nunha xornada na que caeu choiva a baldes, saraiba, lóstregos e tronos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here