InicioSociedadeSegundo día consecutivo sen detectar novos casos de coronavirus en Lugo

Segundo día consecutivo sen detectar novos casos de coronavirus en Lugo

Galicia só rexistra un aumento de 33 diagnósticos de COVID-19, pero as mortes xa ascenden a 533.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo mantense nos 662 casos activos por coronavirus ao encadear dous días seguidos sen detectarse novos positivos. Segundo os datos que ofrece a Consellería de Sanidade neste luns 27 de abril, non se rexistrou ningunha variación nin nos hospitais nin no número de persoas atendidas nos seus domicilios.

Daquela, segue habendo sete persoas nas Unidades de Coidados Intensivos (dous deles na Uci do Hospital Público da Mariña e outros cinco na do Hospital Universitario Lucus Augusti). Outras 24 persoas continúan hospitalizadas en planta e ningunha delas no hospital de Monforte, que de seguir así cumprirá unha semana completa sen pacientes ingresados por COVID-19. O resto de doentes (631) reciben atención hospitalaria a domicilio.

Por outra banda, Sanidade informa de 129 altas hospitalarias tramitadas ata o día de hoxe, mentres que os falecementos producidos dende o inicio da pandemia son 26.

GALICIA

A comunidade galega rexistra este luns 27 de abril un lixeirísimo incremento: só se detectaron 35 persoas contaxiadas máis, ata alcanzar os 6.891 positivos. As mortes por COVID-19 ascenden a 533, das cales 33 se produciron nesta última fin de semana. O número de PCR realizadas é de 87.824. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...