InicioSociedadeAcuarelas para pintar estes días grises e para colaborar na loita contra...

Acuarelas para pintar estes días grises e para colaborar na loita contra o cancro

Uxía G.M., enfermeira natural de Monterroso, fai debuxos por encargo e destina os beneficios á Asociación Española contra o Cancro, unha causa á que está moi apegada pola experiencia dun ser querido. En apenas uns días, xa recadou algo máis de 500 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Uxía G.M. (Monterroso, 1994) este confinamento xuntóuselle co aniversario dunha data triste. “Hai seis anos faleceu de cancro unha persoa moi importante para min e era algo que nestes días non podía sacar da cabeza”. Nun intento por se evadir da situación, deulle por probar as acuarelas e pintar pequenas ilustracións, que axiña deron pé a colaborar economicamente coa Asociación Española contra o Cancro (AECC). 

Esta enfermeira de profesión vive agora na Coruña. “Comecei a debuxar o sábado pasado. Empecei a subir ás miñas redes sociais as cousas que facía e vin que aos meus amigos lles gustaba”. Daquela, viu aí unha oportunidade para pór a venda os debuxos e doar os beneficios a unha boa causa. “É unha forma de que alguén sacara algo bo de toda esta situación que estamos vivindo”.

MÁIS DE 500 EUROS EN POUCOS DÍAS

En menos de vintecatro horas chegáronlle cincuenta encargos. “Moitos pedíronme cousas que viran en Pinterest e outros elixiron algún debuxo da miña propia colleita, aínda que por agora é mínima”, ri. Ela plásmao sobre papel e logo cada persoa aporta a cantidade que considera oportuna. De momento, xa recadou algo máis de 500 euros, que irán íntegros á AECC.

O alto volume de pedidos, case que un pouco inesperado, obrigouna a ter que poñer un límite e non aceptar máis encargas. “Moi ao meu pesar”, resalta. De todas maneiras, se a combinación enfermaría-pintura o permite, non descarta volver pórse mans á obra e seguir adiante coa iniciativa.

“É bonito ver que nestes días tan complicados para todos hai tanta xente disposta a axudar“, recoñece. “Creo que de absolutamente todo podemos sacar unha lectura positiva” e, en tempos difíciles, atopar a maneira de axudármonos unhas ás outras. “A ela gustaríalle”, di, coma quen tira do fío que o causa e o cose todo.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...