InicioSociedadeA pedra da sorte dun médico galego que traballa contra a COVID-19...

A pedra da sorte dun médico galego que traballa contra a COVID-19 en Cataluña

Xurxo Romaní, con raíces en Sober, é doutor no Hospital Parc Taulí de Sabadell e profesor na Universidade Autónoma de Barcelona. Nesta peza, conta en primeira persoa o agasallo que lle fixo nos 90 unha enferma de SIDA e que agora recuperou nestoutra pandemia, a do coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xurxo Romaní, con raíces en Neiras, no concello de Sober, estudou Medicina en Santiago pero a vida profesional levouno a Cataluña, onde vive actualmente. El é Doutor no Hospital Parc Taulí de Sabadell e profesor na Universidade Autónoma de Barcelona. Nesta peza, escrita en primeira persoa, cóntanos unha historia moi persoal ligada ao seu exercicio como médico: a dun agasallo que lle fixo unha rapaza con VIH nos anos 90 e que agora Romaní recuperou durante a pandemia da COVID-19. Velaquí o seu relato:


A finais dos 90, cando era un residente novicio no Hospital de Sant Pau de Barcelona, a epidemia contra a que nos tocou loitar foi a do SIDA. Na primeira rotación da residencia, durante meses, levabamos a aqueles pacientes, persoas moi novas con poucas posibilidades de sobrevivir. Eran, no puramente médico, pobres corpos infectados por un virus que lles ía minando o sistema inmunolóxico, e acababa con eles a base de terribles infeccións.

No humano, eran rapaces con historia de drogas, aínda que moitos deles tiñan refeito a súa vida cando o VIH entrara por sorpresa no seu corpo. Todos tiñan historias que contar, relatos de vidas intensas tronzadas por unha enfermidade cruel e implacable. Dentro daquel grupo, había catro rapazas que crían no poder máxico das pedras. Cada unha delas atesouraba un anaco de mineral de variadas cores. Ancorábanse á vida refuxiadas na inxenua “maxia da litoterapia”. Ningunha delas sobreviviu. Non había medicamentos daquela que puidesen frear a enfermidade. As súas pedras máxicas foron inútiles.

Pouco antes de morrer, Clara, a máis falangueira e simpática delas, chamoume á súa habitación. Esgotada e entregada xa, díxome: “Doutor, ti nótase que vas ser un bo médico. Eu xa me despido. Quero que quedes coa miña pedra. Vaiche dar sorte”. Agasalloume coa súa amatista. E alí quedou, arrecunchada no caixón dos trebellos e dos recordos inútiles.

Para continuar lendo a peza completa, podes premer aquí e ir ao Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...