InicioSociedade#RecordandoLugo, o novo reto da corentena que anima a compartir fotos antigas...

#RecordandoLugo, o novo reto da corentena que anima a compartir fotos antigas da cidade

Que historias e vivencias persoais se agochan tras daqueles retratos tomados na Praza Maior, nas beiras do Miño ou no barrio da Milagrosa? O guía de turismo Guido Álvarez lanza unha iniciativa para lembrar o Lugo do pasado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estas semanas de confinamento deixan tempo para furgar nos caixóns e descubrir obxectos, imaxes e lembranzas que criamos medio esquecidas. Xustamente diso vai o novo reto colectivo que propón Guido Guía nas redes sociais. #RecordandoLugo, que así se chama a iniciativa, anima a compartir fotografías antigas da cidade.

Como eran as rúas de Lugo hai quince, vinte, corenta ou sesenta anos? Que historias e vivencias persoais se agochan tras daqueles retratos tomados na Praza Maior, nas beiras do Miño ou no barrio da Milagrosa? Este “novo reto para seguir construíndo memoria lucense” xurdiu a semana pasada no Twitter, pero os participantes poderán subir as súas imaxes a calquera rede social baixo o hashtag #LugoFavorito.

O guía de turismo Guido Álvarez é moi amigo de lanzar campañas nas redes sociais, como o xa coñecido #LugoPatrimonioMundial ou o máis recente #LugoFavorito, que xa xuntou centenares de textos nos que a imaxinación burla o estado de alarma e acode a eses lugares de Lugo evocados por escrito.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...