InicioSociedadeOs hostaleiros de Lugo traballan na creación dun selo de garantía sanitaria

Os hostaleiros de Lugo traballan na creación dun selo de garantía sanitaria

O presidente da APEHL, Cheché Real, en declaracións a Europa Press, comentou que "están a tratar de preparar e coordinar" coas entidades políticas e sanitarias "un selo de sanitario que garanta aos clientes" que os espazos de hostalaría "están libres de Covid-19".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e turismo de Lugo (APEHL), así como o resto de asociacións do sector da hostalaría de territorio nacional, traballa na creación dun selo de garantía sanitaria que certifique a seguridade dos seus traballadores, visitantes e clientes.

O presidente da APEHL, Cheché Real, comentou que “están a tratar de preparar e coordinar” coas entidades políticas e sanitarias “un selo sanitario que garanta aos clientes” que os espazos de hostalaría “están libres de Covid-19”.

Segundo sinalou Real, este selo ten que facerse “de forma coordinada” porque as autoridades sanitarias “teñen a máxima voz neste sentido”. O que queren facer por parte desta asociación de empresarios de hostalaría e turismo é “crear un clima de seguridade para todos os nosos clientes”, engadiu.

As previsións máis optimistas de apertura do sector da hostalaría son “a principios do mes de xuño”. Aínda así, cando permitan subir o enreixado dos establecementos agora pechados, “non van terminar os problemas do sector, porque a xente terá medo“, admitiu Real, polo que queren “transmitir esa confianza” que atraia de novo a xente aos establecementos “con todas as garantías”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...