InicioSociedadeNingún usuario da residencia San Vitorio (Baralla) figura como positivo por COVID-19

Ningún usuario da residencia San Vitorio (Baralla) figura como positivo por COVID-19

As probas PCR deron negativo e a Xunta elimina da súa lista de casos activos a un residente deste centro "por curación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A última actualización de datos da Consellería de Política Social sobre os casos activos nos centros de maiores recolle que na residencia San Vitorio de Baralla non hai ningún usuario positivo por coronavirus.

Se ben nos últimos días a Xunta confirmaba un residente enfermo de COVID-19 neste centro residencial, o informe deste luns 20 de abril elimina da listaxe de positivos a este usuario “por curación”. O Concello de Baralla amosaba a súa alegría en redes sociais tras coñecer que todas as probas PCR realizadas deran negativo.

UN POSITIVO ENTRE O PERSOAL TRABALLADOR

A Xunta xa confirmara, iso si, a existencia dun caso positivo por coronavirus entre o cadro de persoal deste centro.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...