Os colexios poderán abrir este verán para ofrecer actividades de reforzo voluntarias

O curso acabará en xuño con aprobado xeral, aínda que con excepcións.

Aula dun colexio baleira | AXM

O curso acabará en xuño, pero os centros educativos poderán abrir no verán para ofrecer actividades de reforzo. Son parte das propostas pactadas entre a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, cos conselleiros autonómicos na reunión telemática da Conferencia Sectorial de Educación.

Ademais, a promoción do alumnado será a tónica primordial para o final do curso no sistema educativo, aínda que haberá nota e avaliación final no terceiro trimestre, que quedará en mans das comunidades autónomas. Máis información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here