InicioSociedadeA Xunta ofrece prazas no Carballiño para os usuarios da residencia pechada...

A Xunta ofrece prazas no Carballiño para os usuarios da residencia pechada na Fonsagrada

Os 29 maiores deron negativo en COVID-19 e serán recolocados a partir deste martes, aínda que a decisión final dependerá dos familiares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia ofrece prazas na residencia pública do Carballiño (Ourense) aos maiores usuarios do centro privado da Fonsagrada que foi pechado de forma cautelar o pasado mércores. O traslado empezará a partir deste martes, sempre que os familiares acepten a proposta.

Segundo informou a Consellería de Política Social, a Xunta púxose en contacto coas familias destas persoas maiores para informalas da dispoñibilidade desas prazas na residencia pública, de modo que os usuarios poderán seguir “residindo xuntos” ao tempo que se lles faría “un seguimento individualizado da súa evolución”.

De todos modos, a opción que presenta a Xunta implicaría o traslado dos residentes a outra provincia, concretamente a unha localidade que dista máis de 160 quilómetros da Fonsagrada. 

Segundo precisara o alcalde fonsagradino, Carlos López, familiares dalgúns maiores afectados “queren que queden na residencia pública da Fonsagrada“, en funcionamento dende febreiro.

DE MOMENTO, NO HULA

Os traslados comezarían a medida que os maiores “vaian abandonando o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Segundo as fontes consultadas por Europa Press, todos eles deron negativo nas probas da COVID-19, aínda que parte deles terán que seguir ingresados varios días máis por estar en peor condición física.

Os maiores foran derivados ao HULA para ser sometidos “a un recoñecemento completo” tras comprobar as condicións nas que se atopaban na vivenda comunitaria Burón I e II, na Proba de Burón (Fonsagrada).

Dita residencia privada foi pechada por Política Social tras unha inspección motivada por un aviso dos Servizos Sociais do Concello. “Fotos e vídeos” remitidos por unha persoa anónima evidenciaban supostos “malos coidados” e mesmo “posibles irregularidades” no centro.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...