InicioSociedadeLugo rexistra 17 mortes por coronavirus tras falecer no HULA un varón...

Lugo rexistra 17 mortes por coronavirus tras falecer no HULA un varón de 92 anos

A última actualización do Sergas amosa que a provincia presenta un total de 566 casos activos, só tres máis ca o pasado martes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 92 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) faleceu nas últimas horas por mor do coronavirus, segunda informan fontes da Consellería de Sanidade. Con este pasamento, xa serían 17 as mortes rexistradas por COVID-19 na nosa provincia. 

Non obstante, este dato negativo coñécese nunha xornada na que Lugo afianzou a súa tendencia á contención do virus. E é que, segundo a última actualización do Sergas, a provincia contabilizou unicamente tres casos activos máis ca no día de onte, martes 7. O número total de positivos ascende a 566, pero continúan minguando as hospitalizacións e as altas colleron bo ritmo (72 en total).

APLANAMENTO DA CURVA

A fío disto, o director asistencial do Sergas en Lugo, Rafael Monte, falaba o luns 6 de abril dun “aplanamento da curva” en Lugo, aínda que advertía que “hai que estar alerta”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...