Unha empresa de transportes do Corgo fixo unha doazón de case 600 litros de lixivia

Transportes Gallardo entregou o material á Garda Civil para a súa posterior distribución.

Centro cívico no que se realizaron tarefas de desinfección por foco de coronavirus | Concello da Coruña.

EFE.- A empresa Transportes Gallardo, con sede no municipio do Corgo, doou case 600 litros de lixivia pura a través da Garda Civil para que poida ser utilizada nos labores de desinfección durante a crise sanitaria.

Segundo informou a Benemérita, esta empresa fixo entrega da doazón no posto da Garda Civil de Baralla. Levou un palé enteiro de “lixivia normal”, con 39 caixas de tres garrafas de cinco litros cada unha, o que suma 585 litros de produto desinfectante.

En todo caso, a empresa informou a Garda Civil que, “se fose necesario”, doaría outros dous palés de lixivia normal á Comandancia de Lugo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here