O número de contaxios sobe amodiño en Lugo, pero o HULA rexistra outra morte

A Consellería de Sanidade informa de 563 casos activos na provincia, oito máis ca os rexistrados onte. As altas ascenden ata as 41 e a cifra de falecidos elévase a quince tras a morte dun varón de 76 anos.

Entrada principal do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo | Sergas

Un home de 76 anos ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) faleceu nas últimas horas por coronavirus. Con esta morte, a provincia xa rexistra quince pacientes finados. No entanto, o número de pacientes por Covid-19 ascendeu a 563, o que supón unicamente oito casos máis ca onte, día no que se rexistrara unha baixada na cifra de casos activos por primeira vez en Lugo. 

Segundo informa a Consellería de Sanidade, 14 pacientes permanecen na UCI (os mesmos ca este domingo), 82 están hospitalizados (dous casos menos ca onte) e o resto (467) atópanse nos seus domicilios. Ademais, a área sanitaria de Lugo xa rexistrou 41 altas, dúas máis ca as contabilizadas ata o domingo.

En canto aos falecementos, as dúas mortes de onte e a rexistrada hoxe súmanse ás producidas ata agora e xa fan un total de 15 persoas finadas por coronavirus en Lugo. 

GALICIA

O Sergas tamén dá conta da situación para o conxunto galego, onde o número de infectados aumentou en 167 dende este domingo para situarse nun total de 5.342 casos activos. A comunidade rexistrou 610 altas e 199 falecementos nos hospitais galegos, cifra á que hai que sumar as 42 mortes por coronavirus nas residencias de maiores.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here