InicioSociedade"Cos primeiros síntomas, algúns compañeiros do HULA tiñan medo de achegarse a...

“Cos primeiros síntomas, algúns compañeiros do HULA tiñan medo de achegarse a min; somos humanos”

Pedro Reimunde, neurocirurxián no Hospital Universitario Lucus Augusti e cooperante en países como Etiopía ou Guatemala, incorporarase a vindeira semana ao traballo despois de pasar o coronavirus. “Estiven asintomático, pero non poder ver ao teu fillo é duro", relata este médico, que evita falar de "heroicismos" na súa profesión porque agochan o problema real: necesitan medios e protección.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pedro Reimunde (Alfoz, 1981), neurocirurxián no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), volverá a vindeira semana ao seu posto no centro hospitalario de Lugo despois de contraer o coronavirus, como moitos compañeiros de profesión ao longo do Estado. A súa condición de profesional sanitario, a súa experiencia como cooperante en CamerúnEtiopía ou Guatemala e o feito de pasar pola doenza danlle forma a un testemuño que merece a pena ser escoitado.

P: Cando soubo do positivo?

R: Estiven de garda unha fin de semana e tiven un pouco de tos, así que fixen a proba e foi negativo. Uns días despois, na nosa planta, tivemos contacto cunha persoa que tiña un tumor craneal, e ela tiña coronavirus. A verdade é que tiven bastante relación con ela e cos fillos. Cando se confirmou o seu caso fixéronnos a proba a todos e certificouse o positivo. Pero estiven asintomático, non notei nada agás un pouco de tos. Desde o primeiro momento mandáronme para a casa e estiven confinado, en corentena total. Despois de pasados uns días, repetíronme a proba para que poidese reincorporarme ao traballo e din negativo, así que seguramente o martes ou o mércores da semana que vén volverei ao Hospital.

“estiven asintomático, non notei nada agás un pouco de tos”

ILLAMENTO

P: Como foi o illamento?

R: Fixeno eu só, no meu piso. O máis duro no meu caso non foi tanto a patoloxía, senón renunciar a ver o meu fillo, para protexelo. Falas con el por teléfono ou videoconferencia todos os días, pero aínda así lévalo mal.

No piso fixen un pouco de vida normal, porque estaba só e asintomático, así que aproveitei para recoller un pouco, ordenar armarios, tiña por arquivar tamén fotos do neno… Facer as cousas que normalmente non podes facer pola falta de tempo libre. Sei doutra xente que o pasou peor e tivo síntomas máis fortes, pero a verdade é que eu non o notei demasiado. E tamén aproveitei que estaba máis ou menos ben para facer deporte, porque creo que nestes casos de confinamento, cada un na medida das súas posibilidades, é importante, a saúde física e a mental van da man.

Tiven sorte de que un compañeiro meu de traballo vive a un ou dous quilómetros de aquí, así que me axudou traéndome comida. Aos sanitarios quizais nos asusta un pouco menos a situación, no traballo ves habitualmente cousas graves e algunhas moi violentas, e por iso decidimos que fora el quen me trouxese as cousas.

“Como sanitario tomas o positivo por coronavirus con naturalidade, pero ninguén escapa a un certo medo”

DIAGNOSE

P: É certo que os sanitarios están máis acostumados a afrontar este tipo de situacións, pero imaxino que esta en concreto é nova. Como tomou a diagnose?

R: Pois é certo que nós vemos as patoloxías con naturalidade, polo noso traballo, que as tentamos comprender e quizais por iso lles teñamos algo menos de medo, pero tamén o é que é unha situación desconcertante. Hai incerteza con respecto desta patoloxía e por suposto dános respecto e cáusanos estrés, tamén hai que tomar todas as precaucións posibles e iso é un engadido. Iso crea, non digo histeria, porque non o é, pero si un certo medo.

Ao final é unha patoloxía nova, que non coñecemos, que parece caprichosa, que principalmente afecta a maiores pero tamén a xente máis nova, nenos, e aínda que a maioría dos casos sexan asintomáticos ou leves, a todos nos asusta.

Podes ler a entrevista completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...