InicioSociedadeNon, o HULA non pide máscaras de mergullo do Decathlon para os...

Non, o HULA non pide máscaras de mergullo do Decathlon para os profesionais sanitarios

Trátase dun novo boato ou noticia falsa difundida a través de WhatsApp. Fontes do propio hospital desmentiron a mensaxe, "completamente falsa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) desmentiu un novo boato que se difundiu a través da rede de mensaxería WhatsApp, segundo o cal o complexo hospitalario estaba a pedir “máscaras de mergullar” dunha coñecida marca de roupa e accesorios deportivos para protexer os seus sanitarios fronte ao coronavirus ou para usalas como respiradores.

Na citada mensaxe, dise que no HULA “están desesperados” pola falta de medios para facer fronte á pandemia do Covid-19, de modo que piden a colaboración da cidadanía para facerse con “máscaras de mergullar” do Decathlon. De feito, nesa mensaxe afírmase que, se alguén está disposto a cedelas, unha ambulancia pasará a recollelas polo seu domicilio.

Fontes do hospital saíron ao paso deste boatron e desmentiron de forma rotunda o contido desa mensaxe, porque é “completamente falso”.

OUTROS BOATOS

Non é a primeira trola que circulou estes días polas redes sociais en relación ao HULA. Hai unhas semanas, viralizárase unha mensaxe na que unha muller advertía da chegada ao HULA dun autobús cheo de xubilados contaxiados por coronavirus. Tratábase doutra noticia falsa, pola cal a Fiscalía Provincial xa abriu dilixencias logo de que a Policía Nacional identificara a súa autora.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....