O coronavirus chega á Policía Local de Lugo: tres contaxiados e dez en corentena

Na Comandancia da Garda Civil rexistráronse outros tres casos.

Efectivos da Policía Local / CLM24

Tres axentes da Policía Local de Lugo deron positivo nas probas do coronavirus e outro dez efectivos permanecen en corentena debido á pandemia.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais, o servizo foi reestruturado tendo en conta esta circunstancia e coordinado para poder desempeñar os seus labores.

Este tres casos na Policía Local súmanse aos outros tres rexistrados na Comandancia da Garda Civil de Lugo, onde outros tres axentes deron positivo.