As redes sociais fanse eco das “evidencias irrefutables” a favor do ‘terrachaísmo’

A canle de divulgación científica O Son das Ideas publicou un vídeo para defender a súa postura sobre esta teoría: "Non hai máis que se achegar ao Castro de Viladonga para sucumbir ao terrachaísmo".

Imaxe do vídeo 'Motivos para ser terrachaísta' | O son das ideas (Youtube)

O vello debate científico sobre a superficie da Terra semellaba superado, pero volve á orde do día con novas “evidencias irrefutables” a favor do ‘terrachaísmo’.De Begonte ata Muras, de Guitiriz á Pastoriza, a Terra Chá brilla incontestable. Non hai máis ca se achegar ao Castro de Viladonga para sucumbir ao terrachaísmo”. É a teoría que defende O Son das Ideas, unha canle de Youtube de divulgación científica en galego.

Velaí o vídeo que circula polas redes sociais. Claro que hoxe é primeiro de abril…

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here